Tuto Vázquez / Actor

Tuto Vázquez

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Tuto Vázquez
Tuto Vázquez
Actor
Nome completo: Xosé Manuel Vázquez Martínez
Ribeira (A Coruña) 1947  2010 A Coruña
Web propia



Popular actor televisivo que tamén tivo experiencia en cine, radio e dobraxe. Comezara na interpretación nos anos sesenta actuando con diversas compañías teatrais. Na segunda metade dos oitenta o seu labor desenvolveuse na canle autonómica galega, en diversas producións propias da casa, e mais en RNE co programa “Preescolar na casa”, o cal estivo oito temporadas en antena. Desde os noventa foi un dos participantes asiduos en teleseries da TVG e asimesmo contou con papeis en curtas e longametraxes.

Formación específica: Licenciado en arte dramática polo Institut del Teatre de Barcelona. Titulado en declamación polo Conservatorio Profesional da Coruña. Ademais, ten realizado cursos de formación actoral con José Struch, Berto Fontana, Juan Pastor, Pilar Francés e Assumpta Serna, entre outros.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 2 videos de Tuto Vázquez

Galería de imaxes | ver As 11 fotos de Tuto Vázquez

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org